Os mossos rexistran o coche de Albiol en busca de Puigdemont
Política

Os mossos rexistran o coche de Albiol en busca de Puigdemont

No maletero do vehículo ran so atoparon sobres e cartos. O presidente do PP de Catalunya, Xavier García Albiol, presenciou espantado como os Mossos d’Esquadra rexistraban este martes pola mañá o coche no que acudía ao Parlament de Catalunya. O motivo deste rexistro non era outro que buscar a Carles Puigdemont, dentro do operativo marcado … Seguir lendo

Ingresado membro de AGAL polo subidón tras a conversa dunha concursante de OT coa profesora de portugués
Sucesos

Ingresado membro de AGAL polo subidón tras a conversa dunha concursante de OT coa profesora de portugués

Miriam, concursante de Operación Triunfo, mantivo unha conversa en galego coa profesora de portugués da academia. Os servizos de urxencias do Sergas, informaron que un veciño de Santiago de Compostela, membro de AGAL, tivo que ser ingresado tras o subidón que lle produciu ver á consursante falando en galego coa profesora de portugués da academia. … Seguir lendo

Rajoy non quixo falar do salario das mulleres e o que pasou despois sorprenderate
Política

Rajoy non quixo falar do salario das mulleres e o que pasou despois sorprenderate

“Non nos metamos niso da equiparación salarial das mulleres que ao final acabamos por pedir contratos para os sudamericanos” espetou o presidente. Mariano Rajoy participou durante a pasada mañá no espazo matutino de Ondacero, “Más de uno”, con Carlos Alsina, onde o presidente do goberno deu moito do si, tal e como acostuma e tocou … Seguir lendo

A orquestra Panorama incorporará unha brigada de desbroce con motoserras e un bulldozer
Actualidade

A orquestra Panorama incorporará unha brigada de desbroce con motoserras e un bulldozer

A súa función será a de facilitar a entrada do camión no campo da festa. As estreitas estradas e camiños rurais de Galicia dificultan a chegada da Panorama a moitos recunchos do país. Para paliar este problema, a coñecida orquestra incorporará nos próximos días unha brigada de desbroce que, armada con motoserras e incluso unha … Seguir lendo

Galicia Bilingüe denuncia que Miriam de OT impón o galego na academia.
Sociedade

Galicia Bilingüe denuncia que Miriam de OT impón o galego na academia.

A rapaza de Pontedeume volve á carga dando clases de fonética galega. Miriam volveu sorprender a todos espectadores dando unha clase maxistral de fonética a unha das mestras de canto, en concreto a Laura Andrés, técnica vogal da academia. No vídeo que só ten uns minutos pódeselle ver corrixindo a pronunciación da mestra, se ben … Seguir lendo