Nas próximas eleccións catalás votará toda España
Política

Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos … Seguir lendo

A policía supervisará que a xente vote ben en Catalunya
Internacional

A policía supervisará que a xente vote ben en Catalunya

Un destacamento enviado polo ministerio de Interior velará polo correcto funcionamento da xornada electoral. As eleccións catalás que se desenvolven no día de hoxe contarán coa presenza de máis de 10.000 policías que, comandados polo ministerio de Interior traballaran durante todo o día para que todas as persoas que voten o fagan ben. Ante a … Seguir lendo

Descubren un programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias
Sociedade

Descubren un programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias

Un grupo de espectadores masocas acaba de anunciar nas redes sociais o descubrimento dun programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias. Ninguén se podía imaxinar tal descubrimento pero segundo anunciaron nas redes sociais un grupo de espectadores un novo programa foi descuberto despois de ver un bloque de anuncios de oito horas. O … Seguir lendo

Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano
Sucesos

Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano

A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano. Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser … Seguir lendo

Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el
Política

Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el

Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño … Seguir lendo

BurgerKing busca científicos do CERN para que repartan hamburguesas
Actualidade

BurgerKing busca científicos do CERN para que repartan hamburguesas

A compañía americana aposta polos traballadores cualificados na súa última oferta de traballo. BurgerKing lanzou este luns as características que buscarán a partir de agora nas persoas que queiran traballar como repartidores na cadea de hamburgueserías. O xigante das hamburguesas busca un perfil cualificado e con estudos superiores, preferiblemente en enxeñaría, física ou matemáticas e … Seguir lendo

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente
Actualidade

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente

A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe … Seguir lendo

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México
Internacional

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México

Seguindo a escalada provocada polo recoñecemento de Jerusalem como capital de Israel, o presidente estadounidense recoñece Madrid como capital de México. A noticia colleu por sorpresa aos partidos políticos inmersos na campaña catalana. Así, o Partido Popular anunciou que xa que Madrid foi arrebatada polos Estados Unidos, Cataluña pasa a ser “la única España”. Pola … Seguir lendo