A asociación que xestiona o tecor indica que a poboación de hispters estaba crecendo alarmantemente e solicitaron permiso á Xunta de Galicia. Os veciños da contorna de Santiago de Compostela están asustados pola proliferación da especie que, segundo denuncian, “Pasean polas fincas, critican os peches e deixan a terra fozada en busca de cogumelos e … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2017
Perde o coche no aparcadoiro da Lanzada e atópao 6 meses despois
Un home de O Grove atopou o seu coche no aparcadoiro da praia de A Lanzada 6 meses de que esquecera onde o aparcara. As autoridades do Salnés atoparon onte o coche no mesmo aparcadoiro cando por casualidade pasaban pola zona. O coche que permanecía inmóbil no mesmo lugar que en xuño deste ano fora … Seguir lendo
Máis de 40.000 retuises e sofpaperes acaban coa junta da trócola de Ana Belén Vázquez Blanco
A deputada ourensá do PP no Congreso denuncia un entramado ruso para acabar con toda a humanidade. A deputada Ana Belén Vázquez Blanco ven de poñer en evidencia un perigo para o mundo: A trama rusa en Twitter. Segundo denunciou a deputada de Bande un so boina verde ruso en Twitter é capaz de facer … Seguir lendo
O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres
Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa. As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa … Seguir lendo
Donald Trump imporá un arancel á prensa galega por estar altamente subvencionada
Dende o goberno de Washington chegaron á conclusión de que está altamente subvencionada e que isto é competencia desleal. As altas subvencións á prensa galega levaron onte ao Departamento de Comercio dos Estados Unidos a abrir un litixio comercial ao chegar á conclusión de o produto está altamente subvencionado dente a Xunta de Galicia de … Seguir lendo
Abel Caballero comeza a construcción da Estrela da Morte
Sen previo aviso, a impoñente estructura comeza a tomar forma na cidade de Vigo. Desde hai tempo é sabido a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de construír un imperio ao redor da súa emblemática figura, e unha vez máis este da outro novo paso cara conquerilo. Desta volta trátase nin máis menos que … Seguir lendo
As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España
A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que … Seguir lendo
As redes sociais da rapaza violada serán cruciais á hora de ditar sentenza
Valorárase especialmente se os emojis máis empregados son caras sorrintes ou tristes. O mediático caso de violación múltiple no que participaron cinco homes no pasado San Fermín pon no punto de mira a actuación do xuíz. Varios colectivos de homes moi homes agrúpanse para solicitar unha sentenza exemplarizante contra a denunciante. Na súa opinión as … Seguir lendo
Oriente Bilingüe: ‘Nos imponen el Dothraki’
A asociación Oriente Bilingüe denuncia que aos Dothraki lle están a impoñer o seu idioma. Os sete reinos están convulsos e acaba de saltar unha nova polémica que ven de denunciar a asociación Oriente Bilingüe. ‘Te le están a imponer el Dothraki a los niños dothraki. Es terrible!”, indican dende a asociación. Dende o Trono … Seguir lendo
A contabilidade B do PP podería protagonizar a terceira tempada de Stranger Things
Os protagonistas buscaría quen é verdadeiramente o tal M. Rajoy. A rapazada de Stranger Things parece que xa ten outro novo suceso entre mans, cando menos, sobre o papel, xa que segundo apuntan fontes de Netflix, Mike, Eleven e o resto poderían aventurarse en descubrir quen é o estraño M. Rajoy e os porques e … Seguir lendo