Tralo discurso da pasada noite, o presidente Puigdemont, este publicou unha story de Instagram comezando a dicir: “No vaig dir com la República Catalana es finançarà”. Foi tras ese momento no que o político deu a seguinte declaración na que puxo ao descuberto a maior das empresas da República Catalá. Con isto Puigdemont gañou 10 … Seguir lendo
Monthly Archives: Outubro 2017
Froilán agradece que Lugo celebre as festas na súa honra
O infante de España, e rei lexítimo, paseou pola capital da muralla aproveitando o Domingo das mozas. Felipe Juan Froilán de Todos Los Santos mostrouse na mañá de onte “entusiasmado e feliz” polas festas na súa honra que nestes días se desenvolven en Lugo. Cun puro en man, o futuro rei lexítimo, aproveitou a xornada … Seguir lendo
Tim Burton ambientará no Alto do Fiouco a súa vindeira película
O director estadounidense quedou seducido pola brétema deste lugar tras pasar uns días de vacacións na Mariña este pasado verán. Din que non hai mal que por ben non veña e así se podería entender esta situación creada despois de que Tim Burton tivera que circular pola A-8 e vivirá nas súas propias carnes o … Seguir lendo
Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega
O presidente, que entrou en bucle co soberanismo catalán esqueceu por completo nomear as súas propostas para Galiza. O debate sobre o Estado da Nación do día de onte discorreu con relativa normalidade ate o peche de micrófono na intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. O tempo pareceu collelo desprevido e rematou antes de … Seguir lendo
El Rey esixe que lle traian dragóns e inmaculados
‘Dracarys, Dracarys’, dixo nun discurso televisado nos sete reinos. Segundo informa La Voz de Invernalia, Felipe VI, fixo chamar á Man do Rei para que lle conseguira ‘unos inmaculados y unos dragones de eses’. ‘Sé que los legítimos herederos tienen esas cosas y yo lo soy por la gracia de dios. Así que donde coño … Seguir lendo
As novas porras da Policía Nacional levarán inscrita a palabra Democracia
Gran parte destas porras terá como destino Cataluña. Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións … Seguir lendo
O gris dominará a nova tempada outono-inverno dos corpos e forzas de seguridade
Na Fashion Week poidemos comprobar que o gris será a cor de moda nos lanzamentos da nova tempada. O estilo retro chega pisando forte e parece que ven para quedarse. O Ministerio do Interior ven de organizar a CFSE Fashion Week na que presentou os novos modelos que levaran os corpos e forzas de seguridade … Seguir lendo
Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas
Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente … Seguir lendo