Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca … Seguir lendo
Monthly Archives: Xuño 2017
Urdangarín apúntase no Inem para atopar un traballo de duque
Iñaqui Urdangarín pasa a engrosar as listas do paro mentres o servizo público de emprego lle atopa un novo traballo de duque. Segundo trascendeu na tarde de onte o marido da infanta Cristina está a ter dificultades para ter traballo e incluso está pensando en deixar de buscalo pero, segundo comentan confidenciais, vai queimar un … Seguir lendo
Morren 3 mozos a causa dun Spinner desbocado
O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos. Tarde tráxica a acontecida no día de onte na vila de Muros, onde 3 rapaces de entre 21 e 23 anos morrían a consecuencia do impacto dun fidget spinner que saiu desbocado das mans dun deles cando tentaban … Seguir lendo
Unha marea atlántica obrigará a desaloxar Riazor na noite de San Xoán
Ao grito de “Medre o mar! Hai Marea” o alcalde fará subir as augas e inundará Riazor ás tres da mañá. O grupo do Partido Popular no Concello da Coruña acaba de emitir un comunicado no que indica que a Marea Atlántica trata de cargarse o San Xoán. Segundo explican Xulio Ferreiro contratou unha marea … Seguir lendo
O Sáhara en alerta laranxa por unha vaga de vento de Ourense
Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas. O Goberno da RASD(República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións. A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá … Seguir lendo
Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza
En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados, … Seguir lendo
Ourense prepara os traxes ignífugos para a vaga de calor desta fin de semana
Centos de persoas abarrotan as tendas especializadas en busca de traxes antilume. A cidade de Ourense comeza a prepararse para a fin de semana de calor que se lles achega. Temperaturas que sobrepasarán os 45°C poñen en alerta as súas veciñas que xa enchen as tendas en busca de traxes ignífugos que resistan as altas … Seguir lendo
Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces
Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido. Despois de diversos estudos teóricos, estudos en campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas; un grupo de científicos do CSIC acaban de dar coa resposta que explica que … Seguir lendo
Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale
O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy. Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o … Seguir lendo
Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa
Centros sociais ocupados de todo o país utilizan o poder do ioga para defenderse das cargas policiais. A Delegación do Goberno en Galiza ven de alertar aos corpos e forzas de seguridade do estado que estean preparados ante os coñecementos de ioga dos okupas dos centros sociais. A alarma saltou despois do desaloxo do CSOA … Seguir lendo