Un carteirista que soe operar na estación de autobuses de Santiago de Compostela fixo público na tarde de onte que o Partido Popular lle ven de negar a afiliación por “no dar el nivel”. O carteirista, que responde ao nome de Alberto F.N., indicou que tento cubrir unha ficha de afiliación ao PP pero cando … Seguir lendo
Monthly Archives: Maio 2017
Portugal pecha as súas fronteiras farta de tantos españois
O goberno de Portugal establece un peche temporal fronteirizo durante esta semana. Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana. O goberno … Seguir lendo
Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou. A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual … Seguir lendo
Centos de galegos suplen a caída de Whatsapp con sexo desaforado
Un estudo da Uvigo conclúe que caídas no funcionamento da aplicación de mensaxería WhatsApp incrementa x100 a práctica de sexo entre as persoas galegas. A pasada semana sucedía por enésima ve a caída dos servidores da coñecida app de mensaxería WhatsApp, co trauma e os hashtags que isto supón para as usuarias e usuarios da … Seguir lendo
Atopan unha familia de koalas vivindo nun monte veciñal do Barbanza
Un comuneiro do monte veciñal de Moldes avisou, na tarde de onte, do extraordinario descubrimento. Trátase dunha familia de tres koalas que estaba a vivir na plantación de eucaliptos que a comunidade de montes ten na parroquia de Oleiros no Concello de Ribeira. O achádego pillou por sorpresa ao veciño que pensaba que se trataba … Seguir lendo
O Vaticano considerará palla sacudila máis de 3 veces ao mexar
A sacudida da última gota convertese así pecado sempre e cando as sacudidas sobrepasen as tres representacións. O Vaticano vén de anunciar en nota de prensa un dos novos pecados que estará integrado dentro do pecado capital da Luxuria. O pecado, que so afectará a homes, ou no seu defecto a mulleres que axuden a … Seguir lendo