Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, … Seguir lendo
Monthly Archives: Maio 2017
A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades
Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan … Seguir lendo
Un cura dalle unha hostia á infanta Leonor
O cura que non se confesa republicano di que actuou correctamente. O sacerdote procedeu a darlle unha hostia a infanta Leonor que a encaixou sen protestar e ante a mirada dos seus pais que non reprobaron a actitude do crego. Incluso , segundo se puido comprobar, procederon a convidar á familia e autoridades varias a presenciar a primeira … Seguir lendo
Os votantes do PP son os pais
O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza. A maioría aplastante do PP en Galiza tiña que ter unha base científica e demostrábel. Con esa premisa partía un grupo de 4 sociólogas da Universidade de Santiago de Compostela que hai xa … Seguir lendo
Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe
O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel … Seguir lendo
Pedro Sánchez OÉ, o novo significado de PSOE
A formación socialista troca o significado do seu acrónimo coa vitoria de Pedro Sánchez.O PSOE é outro desde a vitoria no día de onte do #SíEsSí, del tal xeito e por aclamación os militantes socialistas reunidos onte en Cibeles decidiron que o PSOE pase a ser o partido de Pedro Sánchez OÉ(PSOÉ). A masa, que … Seguir lendo
Extraños seres que se comunican con las vacas se manifiestan en Compostela
Habitantes del noroeste de la península ibérica se manifestarán el día 17 de mayo para defender su extraña lengua que les permite entrar en conversaciones con los bóvidos. Se trata de descendientes de antiguos celtas y suevos que tienen la habilidad rúnica de profesar una lengua que les permite hablar con las vacas. En un … Seguir lendo
Portugal gaña o debate das primarias do PSOE
O aspirante Salvador Sobral desbancou dialécticamente aos seus rivais cun discurso de esquerda e ruptura. O debate do PSOE, inserido no que están a ser as primarias que decidirán o vindeiro secretario xeral da formación socialista, rematou cun claro vencedor na mañá de onte. Este non foi outro que o home de moda na península … Seguir lendo
Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!” A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de … Seguir lendo
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no … Seguir lendo