A formación morada iniciará unha campaña de crowdfunding para mercar toda a Coca-Cola do Estado para provocar un desabastecemento. O partido de Pablo Iglesias comunicou onte aos medios o inicio dunha campaña para levar a cabo o boicot que anunciaron no Parlamento español. Trátase dunha performance-reivindicativa-colaborativa-movimentaria que tratará de recadar uns 300 millóns de euros … Seguir lendo
Monthly Archives: Abril 2017
Apartan a unha muller que ía a saír nunha foto cos tres alcaldes
A muller que camiñaba polas rúas de Compostela non daba crédito ao sucedido. Compostela, 19h, o triunvirato de alcaldes mareantes de Compostela, A Coruña e Ferrol, pasean pola capital acompañados de medios de comunicación mentres comentan a actualidade política en torno a EnMarea. Nese instante, nun descoido dos xefes de gabinete dos alcaldes, Xoana Ruibal, que … Seguir lendo
Inventan unha abella artifical capaz de polinizar veganos
O insecto electrónico resolverá, por fin, a dicotomía do sexo oral entre veganos. Un grupo de científicos ven de comunicar en rolda de prensa que acaban de obter a primeira abella artificial capaz de polinizar veganos. Segundo explicaron, o novo insecto levaría o polen do o estambre dun macho vegano ao pistilo da femia a vegana con … Seguir lendo
A MareaAtlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns
A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome. A cúpula da MareaAtlántica, Atlántica a partir de hoxe, decidiu por unanimidade dos que estaban a favor, cambiar o seu nome tralo varapao sufrido no día de onte, cando … Seguir lendo