A moción de censura contra Mariano Rajoy que propón Podemos non recolle as simpatías da xestora do Psoe que a despacha con un ‘No es no’. Pablo Iglesias acaba de propoñer unha moción de censura para desaloxar a Mariano Rajoy e ao Partido Popular do goberno do estado dada a grave crise de corrupción que … Seguir lendo
Monthly Archives: Abril 2017
Villar Mir pretende vender as centrais hidroeléctricas galegas para financiar aos “presos políticos”
O presidente de OHL non nega a súa intención de financiar a loita popular. Que Juan Miguel Villar Mir, presidente entre outros da constructora OHL, financia presuntamente ao Partido Popular, é un segredo a voces no Estado español, máis aínda desde que o magnate está sendo investigado dentro da causa da Operación Lezo. A novidade … Seguir lendo
A próxima operación contra unha trama do PP chamarase ‘Venezuela’
Segundo transcendeu na tarde de onte un grupo de xuíces e fiscais acaban de propoñer que a seguinte operación contra a próxima trama corrupta do Partido Popular sexa denominada co nome de ‘Venezuela’. Agardan que deste xeito os telexornais e o propio PP deixen de nomear o país sudamericano. ‘Imos fartos de que Venezuela sirva … Seguir lendo
Esperanza Aguirre dimite para asesorar a Le Pen na segunda volta
A lideresa madrileña abandona o concello farta de escándalos e co obxectivo de converterse en referente europeo. Esperanza Aguirre, a Tatcher española, non foi quen de aguantar máis a presión causada pola inverstigación do caso Lezo e ás 17h da tarde de onte decidía dar por finiquitado o seu proxecto á fronte do PP madrileño. … Seguir lendo
Abandona o PP o único militante que non estaba nunha trama
O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido falto de non ter temas de conversación co resto dos militantes. JCC, militante popular de base, ven de anunciar que solicitou a baixa no Partido Popular xa que era o único que non estaba involucrado nuntra trama. Segundo explicaron fontes próximas sentíase … Seguir lendo
Preparan un PorcorilClube para 2019
A CRTVG anunciou, co galo do 23 aniversario do Xabarín Clube, o que será o novo espazo de entretemento infantil da canle pública. “O Xabarín está vello, e é hora de que se xubile” así o afirmaba o director xeral da TVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo, no acto de celebración do 23 aniversario do actual Xabarín Clube. … Seguir lendo
Rajoy fará un coaching con Cristina Cifuentes para que lle aprenda a ‘hacerse la rubia’
O presidente do goberno tomará esta medida despois de coñecer que será citado como testemuña polo tribunal que xulga a trama Gürtel. Fontes próximas ao Partido Popular indicaron onte que Mariano Rajoy recibirá en breve unha formación especializada de Cristina Cifuentes para que aprenda a ‘hacerse la rubia’. As mesmas fontes indicaron que o presidente … Seguir lendo
O Real Madrid clasifícase para semifinais con normalidade arbitral
O árbitro tivo nos seus pés o 5-2, pero finalmente a bóla non rematou entrando. Os merengues disputaron onte un intenso partido que se decidiu na prórroga cun resultado final de 4-2, pero que durante moitos minutos tivo ao Bayern de Munich como semifinalista. O Real Madrid con goles 3 goles de Cristiano, un deles … Seguir lendo
O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña
Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor. A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría … Seguir lendo
O Domingo de Ramos de Ferrol remata en trifulca
A festividade rematou entre golpes de ramos de loureiro e palmas en dous bandos prefectamente divididos. Este Domingo de Ramos non todo foi gozo eclesiástico e procesións en Galiza, en Ferrol, na mañá dominical dous grandes grupos relixiosos decidiron batirse nunha multitudinaria pelexa entre os partidarios dos ramos de loureiro e os portadores de palmas. … Seguir lendo