“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar … Seguir lendo
Monthly Archives: Marzo 2017
Sorpresa maiúscula ante a candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE
Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas. Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente … Seguir lendo
O alcalde de Noia tócalles as narices a milleiros de mulleres sen achegarse
“A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse”, finalistas ao mellor chiste da historia do universo Santiago Freire, alcalde pepeiro de Noia contou os tres chistes, todos seguidos, co motivo do día da muller. Varios … Seguir lendo
Feministas filoterroristas congréganse en Compostela para atentar contra o macho dominante
Hordas de mulleres armadas con cánticos antiepiscopais e bombos causaron o terror na capital do país. Compostela, 12h, cánticos satánicos comezan a perturbar o descanso de milleiros de composteláns e turistas da capital. A manifestación convocada polas manifestacións feministas, previa o vindeiro 8 de Marzo, converteuse o pasado domingo no azote brutal do noso ben … Seguir lendo
O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso
O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso. Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns … Seguir lendo
A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico
As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración … Seguir lendo
O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados
“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos … Seguir lendo