Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial
Sucesos

Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial

Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial. Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57  anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta. Polo que parece proseguiu, … Seguir lendo

Deteñen a un  home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres
Actualidade

Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres

A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria. A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves, … Seguir lendo

Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
Cultura

Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”

O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando … Seguir lendo

Pregúntanlle se ten vacas e responde que un mes ao ano
Sociedade

Pregúntanlle se ten vacas e responde que un mes ao ano

A fenda entre o mundo rural e o urbano comeza a ser preocupante. A conversa tivo lugar nunha coñecida discoteca da Fonsagrada onde unha gandeira local estaba a conversar cun mozo provinte da Coruña. Segundo relatan testemuñas presenciais tratábase dunha conversa normal ata que a moza, gandeira da parroquia do Freixo, preguntoulle ao seu interlocutor … Seguir lendo

Achan dous cogombros no cinema da Estrada tras proxectarse ‘Cincuenta sombras máis escuras’
Actualidade

Achan dous cogombros no cinema da Estrada tras proxectarse ‘Cincuenta sombras máis escuras’

Os cogombros non tardaron en facerse virais nas redes sociais. Eran as 22h deste pasado xoves, cando a parella de limpadores que se atopaba limpando a sala número 2 dos Minicines cando de súpeto viron algo que chamou a súa atención. No chan da sala atopábanse 2 cogombros ciscados, os cales estaban recubertos por unha … Seguir lendo

O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017
Actualidade

O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017

Desde TemposGalegos recollemos en primicia mundial os 10 regalos máis agasallados en Galiza neste 2017 durante o día dos namorados. 1. Alpacadora O agasallo máis regalado neste pasado San Valentín, as alpacadoras, concretamente as da marca John Deere, foron o regalo estrela desta temporada. E é que non hai parella que se queira que non pensase … Seguir lendo