A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2016
Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume
O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que … Seguir lendo
Canadá construirá un muro para evitar que os estadounidenses que fuxan de Trump poidan cruzar ilegalmente
Terá de 10 a 15 metros, cubrirá toda a fronteira entre Canadá e Estados Unidos e obrigará aos estadounidenses a pagalo. O primeiro ministro canadense Justin Trudeau anunciou a construcción dun muro despois de que moitos cidadáns norteamericanos que anunciaran que emigrarían a Canadá tras a victoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais en Estados Unidos. … Seguir lendo
Gadis desbordado tras a chegada de milleiros de currículums para iniciar a Misión Espacial Galega
Logo de saír o novo anuncio de Gadis da saga Vivamos como galegos!, foron moitos os ciéntificos galegos, e tamén non galegos, que viron a posibilidade facer carreira ao ver publicado no portal Galicia Alive a noticia do comezo da Misión Espacial Galego (M.E.G.). Esta noticia acadou unha importancia internacional. Donald Trump comezouno a utilizar … Seguir lendo
Vende na Pedra o tabaco que lle pedía aos colegas
Descubren a un home de nacionalidade galega vendendo no mercado vigués de A Pedra o tabaco que lles pedía coa escusa de ter quedado sen el. Un mozo, que segundo os testigos, falaría en galego, foi atopado vendendo tabaco procedente das suas amizades. A persoa en cuestión, pedía tabaco baixo a premisa de ter quedado … Seguir lendo
Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada
O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran. Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”, … Seguir lendo
As casas de apostas desbordadas ante a incógnita do novo goberno de Rajoy
Ante as dúbidas que suscita a composición da nova equipa de goberno de Rajoy, as casas de apostas colpasan pola enorme cantidade de variables. As puxas online veñen de subir un incremento so comparábel a grandes citas deportivas como as finais da Champions League, mundial de fútbol ou sobre se a Bisbal fixo a cobra a … Seguir lendo
Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou … Seguir lendo