Unha banda organizada do oriente ourensán podería estar detrás dos actos que se levan acomentendo nos últimos días. A proximidade das datas cara o Samaín, Fieis Defuntos ou Halloween, dependendo da ideoloxía de cada quen, fai que os amigos do alleo saian a buscar aquilo que outras persoas deixan descoidado. Desta volta un grupo de … Seguir lendo
Monthly Archives: Outubro 2016
En Marea mudará o seu logo despois do requirimento de Mahou
En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa. A empresa Mahou-San Miguel enviou unha misiva á formación galega na que argumentaba que “Es obvia la confusión que se ha generado entre la imagen gráfica de su formación política y la … Seguir lendo
A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car
Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra … Seguir lendo
Ángela Rodríguez, de Podemos Galicia, denunciada por SPam
A reprensentante de Podemos Galicia, e deputada nas Cortes españolas por EnMarea, Ángela Rodríguez, foi denunciada por SPam segundo advirten diversos medios de comunicación. A plataforma ‘Bots Políticos Non’ levou a cabo unha análise informática, segundo o cal, se chega a conclusión de que Ángela Rodríguez é en si mesma SPam, tal como indica a súa propia … Seguir lendo
Avistan un OVNI coa forma dun pote da queimada
Un grupo dunhas corenta persoas da costa da morte afirman ter avistado un obxecto voante non identificado (OVNI) o pasado sábado pola noite. O avistamento tivo lugar despois dunha festa na parroquia de Camelle no Concello de Camariñas e foi despois dunha celebración onde os veciños do lugar tomaran queimada. “Dixeron o conxuro e apareceu o OVNI”, … Seguir lendo
TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa
Probamos e contámosvos as nosas opinións sobre o novo iogur de Licor Café de Larsa. Para abrir apetito podedes ver o Unboxing elaborado pola redacción de TemposGalegos: Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao … Seguir lendo
Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero
Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero. A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se … Seguir lendo
GasNatural subirá a tarifa de luz e gas á Universidade Autónoma de Madrid
Despois do escrache ao expresidente Felipe González na que centos de alumnos lle impediron dar unha charla, a empresa enerxética decidiu subirlles o recibo de luz e gas á universidade como reprimenda polo acontecido. GasNatural Fenosa vén de anunciar o incremento paulatino a partires de hoxe da factura de luz e gas da Universidade Autónoma … Seguir lendo
O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos, … Seguir lendo
Yosi roza o Nobel de Literatura
O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan. O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”. De ter … Seguir lendo