O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca! … Seguir lendo
Monthly Archives: Xuño 2016
En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa
A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira … Seguir lendo
Quintuplícanse a demanda de artigos sadomasoquistas
Na noite do 26 de xuño alcanzouse o máximo histórico nas vendas e encargos de artigos sadomasoquistas. As web especializadas neste tipo de artigos alcanzaron un novo teito nas demandas dos seus productos. Segundo informou a patronal que agrupa ao gremio de vendedores de productos de sadomaso o pico da demanda coincidiu ás 22:00, momento … Seguir lendo
O programa económico de Unidos Podemos terá unha versión en bolívares
O expertos de Podemos aseguran que é un xeito de que máis persoas entendan os datos. O programa económico de Unidos Podemos, un mix entre o de Izquierda Unida e Podemos terá unha versión bolivariana. Así o afirmaron as voceiras do grupo económico de Podemos no día de onte. A diferenza do programa presentado no … Seguir lendo
O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe
O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e … Seguir lendo
O PP pide que todos os europeos voten no referéndum do #Brexit
Así se manifestou o líder do PP, Mariano Rajoy durante un mitin este domingo. O partido popular pretende así marcar unha posición clara ante o inminente referendo que se celebrará en Reino Unido acerca da continuidade ou non na Unión Europea. Deste xeito o PP continúa coa súa postura xa mostrada de que todos os … Seguir lendo
O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas
É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más … Seguir lendo
Catalunya pedirá unha comisión a España polos goles dos seus xogadores na Eurocopa
O gol de Piqué no partido do luns ante a República Checa será o primeiro que a RFEF terá que pagar. A medida encadrada dentro do plan económico lanzado polo presidente da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, pretende recibir das arcas españolas unha media de 3.000 euros por cada gol anotado por un xogador catalán. … Seguir lendo
Ana Blanco gaña o debate electoral a catro
Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a … Seguir lendo
A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco
A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco. Trátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante … Seguir lendo