O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS
Sociedade

O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS

O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter. Os datos da principal enquisa sociolóxica  desvelaron que o titeriterismo escalou a primeira posición entre as preocupacións da cidadanía, desbancando do primeiro posto ao paro. Os comentarios en Twitter tamén ascenderon no ranking colocándose en segundo lugar e substituíndo nese posto á corrupción. Nos … Seguir lendo

Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña
Actualidade

Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña

En diferentes cidades galegas ducias de veganos xuntaronse a carón de cacharelas para despedir o entroido dun xeito particular. Fundamentalemente na provincia de Ourense, onde o Entroido ten un maior peso, pero tamén nalgunhas vilas e cidades do norte galego, como A Coruña ou Compostela, ducias de veganos puxéronse dacordo para darlle o último adeus ao … Seguir lendo

Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo
Actualidade

Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo

A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs. A denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’, … Seguir lendo

Propinan unha malleira a un mozo por confundir un Peliqueiro cunha Pantalla en Laza
Actualidade

Propinan unha malleira a un mozo por confundir un Peliqueiro cunha Pantalla en Laza

O mozo de 27 anos permanente na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo hospitalario de Ourense. Todo sucedía durante a mañá deste pasado luns na aldea de Laza. No medio do festexo da “farrapada” un mozo de 27 anos do que non trascendeu identidade, acercouse a un grupo de peliqueiros para ter unha instantánea deles, … Seguir lendo

Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown
Sucesos

Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown

Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan. Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara … Seguir lendo

Conmoción ao descubrirse que unha das mulleres de Comadres era un home disfrazado
Actualidade

Conmoción ao descubrirse que unha das mulleres de Comadres era un home disfrazado

O home estaba a pasar totalmente desapercibido durante o festexo da festa de comadres na vila ourensá de Verín. Todo parecía transcorrer con total normalidade no día de onte en Verín, na comarca ourensá de Monterrei, cando de súpeto un balbordo chamou a atención dos viadantes no centro da vila. Segundo apuntan fontes verinenses unha … Seguir lendo

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico
Política

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico

Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica. Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período. Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites … Seguir lendo

Martiño Noriega servirá persoalmente as comidas dos comedores escolares
Actualidade

Martiño Noriega servirá persoalmente as comidas dos comedores escolares

Unha nova entrega do culebrón obriga ao alcalde compostelán a tomar cartas no asunto. O drama das comidas nos colexios de Compostela avanza un día máis cara unha nova entrega. Desta volta a repentina volta atrás da compañía Serunión, que viña xestionando ate o de agora as comidas, e que fora reelexida polo consistorio novamente … Seguir lendo

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’
Sociedade

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’

Telecinco fichará, en pleno, a toda a executiva do PSOE para que forme parte do elenco da actual edición de Gran Hemano VIP. As últimas filtracións da executiva do partido socialista que sairon á luz recentemente fixo mover ficha aos directivos da cadea privada. A produtora Zeppelin TV, responsábel do programa de entretemento social Gran Hermano VIP, … Seguir lendo

O círculo eclesiástico de Podemos pide conventos de clausura abertos e transparentes
Actualidade

O círculo eclesiástico de Podemos pide conventos de clausura abertos e transparentes

O escándalo xerado en Compostela polas Mercedarias cataliza a resolución do círculo eclesiástico da formación de Pablo Iglesias. Ameazas, coaccións, traballo en condicións de escravitude… eran algunhas das situacións vivivas por varias mulleres de orixe india que permanecía retidas no convento das mercenarias en Compsotela. Este feitos, que de ser investigados, son para Podemos, de … Seguir lendo