Acábase de anunciar que se abrirá, en Valencia, un novo parque temático sobre a corrupción. Estará ao lado de Terra Mítica e, segundo avanzou un alto cargo do Partido Popular, será construído por unha empresa de Florentino Pérez. Contará co seu propio aeroporto e coa súa propia liña de AVE. A estación será singular e … Seguir lendo
Monthly Archives: Xaneiro 2016
Caso Prestige: a culpa é da Marea
O portavoz no Parlamento do Partido Popular, Pedro Puy, lanza unha ofensiva contra a coalición de Podemos e Anova. Catorce anos despois da traxedia marítima do Prestige e no día de coñecer a sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao capitán do petroleiro, Prestige a 2 anos de cárcere, o voceiro do grupo parlamentar do … Seguir lendo
Paco Rodríguez pídelle a Breogán Riobóo que purgue a Aymerich
Visto que o Bloque non se atreve a facer movementos internos nestas datas tan convulsas para a formación nacionalista decidiron solicitar o apoio ao rival electoral para facer o traballo. O que fora secretario xeral da UPG solicitoulle formalmente a Breogán Riobóo que bote do BNG a Aymerich. Segundo explicaron fontes próxima á fronte nacionalista non … Seguir lendo
Feijóo pregunta en oQue.gal como se goberna
O presidente da Xunta é un dos primeiros políticos galegos que se lanza ao uso a rede social galega oQue.gal. Desde a tarde do domingo una pregunta surca a web galega e acumula centos de miles de respostas. A pregunta non é doutra persoa que o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que baixo … Seguir lendo
Os presentadores de Antena 3 levarán gorros de papel albal cando falen de Podemos
Con esta medida agardan que as ondas telepáticas que chegan dende Venezuela e Irán non afecten os seus cerebros. A dirección de informativos de Antena 3 está tomando medidas serias para evitar que o bolivarismo etarra lle afecte ao seu persoal. A cadea repartirá gorros de papel de aluminio para evitar que os seus presentadores … Seguir lendo
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo … Seguir lendo
Paco Rodríguez despreza a Bildu por españolista
O último artigo do Terra e Tempo carga duramente contra a formación vasca tralo pacto con IU no Congreso español. Como xa sucedera despois dos comicios europeos de 2014 Paco Rodríguez volve a exhaltarse criticando á formación vasca, no que o veterano dirixente da UPG tilda de vergoña españolista a actitude da formación no Congreso español ao pactar … Seguir lendo
Albert Rivera desfruta da fariña en Galicia
Albert Rivera visitou a localidade ourensá de Xinzo de Limia para participar no domingo fareleiro. Un ano máis comezou o entroido na provincia de Ourense e o fixo, como todos os anos, co tradicional domingo fareleiro. A localidade, acostumada a recibir visitantes ilustres nestas datas recibiu, este ano, a Albert Rivera. Segundo transcendeu a viaxe foille recomendada polo … Seguir lendo
Breogán Riobóo abre a porta a concurrir en solitario ás galegas
El, só. Ninguén máis. O secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo, abriu a porta a que a que el mesmo concorra en solitario ás próximas eleccións autonómicas. En concreto, informou diso no informe presentado no en rolda de prensa nun céntrico hotel de Compostela. A este respecto, opinou que a coalición En Marea, conformada por Podemos … Seguir lendo
O PSOE ofrecerá a En Marea unha sala de karaoke para compensar a perda do grupo parlamentar
A sala contará coa discografía completa de Extremoduro para que poidan versionar todas as súas cancións. O PSOE pactou con Ciudadanos e o Partido Popular a composición da mesa do congreso dos deputados que pasará a presidir o socialista Patxi López. O reparto acordado polos grupos deixa unha mea na que o PP terá tres membros, … Seguir lendo