A UPG acaba de emitir un comunicado no que din que o polémico artigo ‘era broma’. A Unión do Pobo Galego, partido maioritario do BNG, remitiu a prensa unha comunicación no que explicaba que o artigo publicado polo seu exsecretario Francisco Rodríguez era unha, en realidade, unha broma do día 28 de decembro. ‘Foi unha … Seguir lendo
Monthly Archives: Decembro 2015
A ausencia dun militante das CUP colapsa Catalunya
Empate perfecto na terceira e última votación da Asemblea Nacional convocada pola CUP, e na que se decidía se se apoiaba ou non unha investidura de Artur Mas como presidente da Generalitat. A votación na que se decidía o futuro de Artur Mas como president,empatou a 1.515 votos na terceira e definitiva votación da asemblea … Seguir lendo
Aznar manda a Rajoy ao rincón de pensar
Ao peche desta edición, Rajoy aínda non o tería atopado. O expresidente do goberno, José María Aznar, chegou forte a Génova na pasada tarde. Pasadas as 17h horas o presidente das FAES entraba na sede madrileña do PP para acudir ao Comité Executivo Nacional do PP porque, segundo el mesmo, “porque yo lo valgo”. Aznar que tería … Seguir lendo
Feijoo encarga un palé de Fortasec
O descalabro do Partido Popular nas eleccións ás cortes españolas precipita o pedido urxente de cantidades inxents Fortasec para o presidente da Xunta. O irrupción de En Marea no panorama galego está a provocar moitos problemas do PP de Galicia. Moitos asesores e cargos do partido foron atopados correndo en círculo coas mans na cabeza nas sedes … Seguir lendo
A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro
“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de … Seguir lendo
Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura
A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio. … Seguir lendo
Rajoy e Pedro Sánchez ensaian o debate de ‘cuñaos’ de noiteboa
Nun debate, retransmitido por TV, Rajoy e Sánchez discreparon de infinidade de temas desde posicións da altura de barra de bar. Pedro Sánchez e Rajoy, no día de onte emplazados nos salóns e comedores dos españois que dispoñen de televisión, debatiron de diversas temáticas, desde “Os langostinos á plancha ou cocidos” a “abrimos outra botella ou non? … Seguir lendo
Gorrillas demandan ao anxo da garda do Ministro do Interior por intrusismo profesional
A principal asociación de gorrillas acaba de anunciar unha demanda ao Vaticano polo intrusismo profesional de Marcelo, o anxo da garda que axuda a aparcar ao Ministro do Interior. Nunha rolda de prensa criticaron que a igrexa pon en perigo os seus postos de traballo e demandaron da Conferencia Episcopal que cesen de inmediato nunhas actividades … Seguir lendo
O alcalde de Ferrol levará a bañeira aos mitins
Jorge Suárez afirma sentirse máis cómodo dentro dela para falar en público. O alcalde de Ferrol, un dos alcaldes “do cambio” confirmou está mañá en rolda de prensa que levará canda si unha bañeira a todos os mitins e actos públicos, xa sexan propios da Alcaldía de Ferrol, da propia organización Ferrol en Común, ou … Seguir lendo
Constátase que Besteiro é un cantante
En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito … Seguir lendo