A home permanece no hospital Juan Canalejo de A Coruña con pronóstico reservado. Un varón de mediana idade, segundo informan fontes do hospital Juan Canalejo, de A Coruña, segue hopitalizado en estado grave tras escoitar en youtube unha canción do grupo galego Nao. Polo que trascende, a canción de Nao, unha versión do poema de Ramón Cabanillas “Acción … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2015
A Consellería de Sanidade prohibirá os magostos por canceríxenos
O departamento da Xunta baséase na resolución da Organización Nacional da Saúde para prohibir esta festa tradicional. A Consellería de Sanidade anunciou onte, por sorpresa, unha resolución pola que os magostos pasarán a estar prohibidos en Galicia. A razón que esgrime a consellería baséase na declaración como canceríxena da carne procesada que foi realizada pola … Seguir lendo
GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego
A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos … Seguir lendo
Distribuidoras de cine porno desembarcarán na próxima Feira do Grelo das Pontes
Chamadas polo erro de tradución de Google aproveitarán o acto para montar unha performance Moitas productoras e distribuidoras de películas pornográficas visitarán o Concello das Pontes na próxima Feira do Grelo. O erro de tradución de Google que atribuiu a tradución ‘clítoris’ á palabra ‘grelo’ foi o desencadenante de que a próxima Feira do Grelo … Seguir lendo
Baltar recoñece que, en realidade, quere fodernos a todos
O Partido Popular de Ourense da un xiro de 180º na defensa do presidente da Deputación polo caso Baltargate. O PP saiu ao paso das críticas polas acusacións de ter ofrecido traballo a cambio de sexo mediante unha nova estratexia. Trátase de indicar que o tema non foi persoal coa muller que denunciou o caso … Seguir lendo
Baltar tamén prometeu a lúa
Difúndese nova información sobre a habitación 505, onde Baltar tería tido os seus encontros. Ademais de placer e postos de traballo na Deputación de Ourense, Baltar tamén tería prometido a lúa a diferentes persoas, entre elas á denunciante que a semana pasada levaba ante os tribunais ao presidente da Deputación de Ourense. “Prometíame moitas cousas, desde … Seguir lendo
O piso ‘Franco’ do rei Juan Carlos
O rey Juan Carlos fala sen tapuxos nos seus aposentos de luxo nos Alpes. Últimamente non se fala doutra cousa que non sexa o complexo de alto standing que o rei compartía con Corinna, e non é para menos, TemposGalegos tivo a oportunidade de ser convidado polo seu mismísimo a coñecer as instalacións e cóntao aos … Seguir lendo
Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek
A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha … Seguir lendo