A editorial Vicens Vives reafírmase nos seus libros en castrapo
Actualidade

A editorial Vicens Vives reafírmase nos seus libros en castrapo

A editorial catalana asegura non entender a polémica coa súa edición en castrapo de libros educativos. A editorial Vicens Vives, editora de numeroso material escolar, vén de reafirmarse na súa liña de libros en castrapo divulgado por todo o territorio galego. A empresa asegura que nunca a editorial tivera ningún problema con outras liguas do … Seguir lendo

Rafa Cuíña pide á ministra de Fomento unha nova saída na autopista para Lalín
Política

Rafa Cuíña pide á ministra de Fomento unha nova saída na autopista para Lalín

O alcalde asegura que as catro existentes na actualidade non son suficientes. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, pediu formalmente á ministra de Fomento, Ana Pastor, unha nova saída na autopista AP-53 que axude a mellorar os accesos ao seu concello. Na xuntanza mantida a pasada semana, o alcalde galeguista comunicoulle á ministra as graves deficiencias … Seguir lendo

O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’
Actualidade

O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’

‘Xa que non hai material cirúrxico encomendarémonos aos espíritus’, apuntan dende a xerencia do centro. A ausencia de instrumental médico impediu, o pasado 1 de outubro, a intervención cirúrxica dun paciente con cancro no novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non é a primeira vez que se cancelan operacións. Xa foron varias as que houbo … Seguir lendo

Ciudadanos utilizará “Galicia es una mierda” dos Ataque Escampe na campaña das Xerais
Política

Ciudadanos utilizará “Galicia es una mierda” dos Ataque Escampe na campaña das Xerais

Así veñen de confirmalo dende a dirección de campaña do partido laranxa. “Galicia es una mierda”, a canción do grupo galego Ataque Escampe é unha das escollidas polo partido do catalán Albert Rivera, para formar parte da banda sonora da próxima campaña as Cortes españolas. Os directores de campaña de Ciudadanos din sentir “feeling” co … Seguir lendo

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor
Sucesos

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor

Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo … Seguir lendo