Si quieres un trabajo me comes lo de abajo
Cultura

Si quieres un trabajo me comes lo de abajo

O presidente da Deputación de Ourense fala español na intimidade. As conversas destapadas polo diario dixital eldiario.es poñen de manifesto o que desde hai anos os mentireiros da provincia de Ourense viñan a dicir, o presidente da Deputación fala español na intimidade. Logo de anos de defensa do seu “galeguismo” e de ver a Xosé Manuel Baltar … Seguir lendo

A mensaxe máis repetida no grupo de whatsapp do PP é unha caquiña con ollos
Tecnoloxía

A mensaxe máis repetida no grupo de whatsapp do PP é unha caquiña con ollos

O Partido Popular anunciou onte a posta en marcha dunha nova vía de comunicación coa cidadanía. A opción que escolleu a formación conservadora é un número de whatsapp a través do cal os cidadáns poderán interaccionar coa formación popular. Javier Dorado presentou a idea e negou o fin electoralista da mesma senón que era un mecanismo … Seguir lendo

Ciudadanos concorrerá en Mercadona baixo a marca Hacendado
Política

Ciudadanos concorrerá en Mercadona baixo a marca Hacendado

A formación de Albert Rivera asume o seu papel de marca branca na circunscripción dos supermercados. O partido laranza, o cal todas as enquisas sitúan como terceira forza política no espectro estatal vén de comunicar a súa intención de participar baixo a marca Hacendado en todos os supermercados do grupo valenciano Mercadona. Deste xeito a … Seguir lendo

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns
Tecnoloxía

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns

O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación … Seguir lendo

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’
Tecnoloxía

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’

A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva … Seguir lendo

Philip Morris lanzará os cigarrillos Volkswagen
Economía

Philip Morris lanzará os cigarrillos Volkswagen

A multinacional americana de tabacos asinará un acordo coa multinacional alemana de locomoción para tratar se sacar partido do escándalo das emisións. Segundo transcendeu onte, Philip Morris chegou a un acordo co consorcio Volkswagen para a fabricación dunha nova gama de cigarrillos coa marca do xigante alemán e así tratar de sacarlle partido ao escándalo … Seguir lendo

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
Ciencia

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais

A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en … Seguir lendo