Unha nova candidatura unitaria podería estarse a argallar para as vindeiras eleccións xerais. O orixinal desta candidatura unitaria é que, a diferencia das demáis candidaturas unitarias, non nace dunha escisión de ningunha candidatura unitaria. O miolo desta candidatura é que os aparellos intelixentes, nomeadamente os teléfonos, poidan ser candidatos ás eleccións: “Moitos telefónos son máis … Seguir lendo
Monthly Archives: Setembro 2015
Apple saca unha app-vitro para o iPhone6plus
Apple amplía as posibilidades do Iphone6 á domótica e a gastronomía. Por iso ten previsto lanzar en breve unha app para poder usar a pantalla do Iphone6plus como vitrocerámica. A iVitro terá dúas opcións: de dous ou tres fornos. Esta app permitirá cociñar en calquera lugar sen importar se é interior ou aire libre. Ovos … Seguir lendo
Feijóo quere un tractor “amarillo”
“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña … Seguir lendo
Sanidade propón peregrinacións de xeonllos ao novo hospital de Vigo
A Xunta de Galicia está a inaugurar no hospital novo de Vigo, un novo sistema de xestión da sanidade pública. A Conselleira de Sanidade abroncou ás becarias que enviaron os xornais cas conclusións dos estudos da consellería: ‘O mal da sanidade pública son os maulas que se fan pasar por doentes’, berrou estragando o micro … Seguir lendo
Putin investiga co uso de gatos atómicos
O primeiro ministro ruso presenta un prototipo de gato atómico na feira das ciencias de Stalingrado. Unha nova ameaza velada foi a presentada por Vladimir Putin durante este fin de semana. Baixo os temores de investigacións nucleares para a creación de armas por parte de Irán, agora é Rusia quen presenta un novo e sofisticado … Seguir lendo
A Xunta pedirá aos gandeiros que en vez tirar o leite o doen a comedores escolares
A Xunta de Galiza pretende así abaratar custes de manutención a par que lle da saída aos litros de leite que os gandeiros galegos derraman nas súas protestas. O executivo de Alberto Númez Feijóo acaba de presentar por medio da súa portavoz parlamentaria a proposta que será debatida no próximo pleno do Parlamento de Galiza. … Seguir lendo
Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo
‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear … Seguir lendo
A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo
Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado … Seguir lendo
A Xunta aproveitará os grandes incendios para facer macro – festas gastronómicas
A Xunta de Galicia xa ten un plan para os incendios do ano que vén. Un equipo de antropólogos contratado pola Xunta de Galicia, concluíu que os incendios non se deben ó verán senón ós restos de relixións pagás e de cultos ó lume que quedan no cerne da psicoloxía da cidadanía galega. Isto deberíase a … Seguir lendo
Blablacar identificará os coches por linguas
Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes. A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma … Seguir lendo