A formación de Pablo Iglesias non dará soporte ás mareas ferrolás, pero tampouco ao seu propio partido local. O Círculo concéntrico de Podemos a nivel estatal non apoiará ao seu círculo ferrolán de cara ás próximas municipais de maio de 2015. Despois dos problemas surxidos na elección do seu Consello Cidadán e as convulsas asembleas … Seguir lendo
Monthly Archives: Marzo 2015
A Xunta pídelle a Terbutalina que faga cancións moñas en español para conseguir subvencións
O grupo mandoulle un mail a Turismo para que colaborara no seu próximo video do mesmo xeito que colaborou co de Enrique Iglesias Acábase de filtrar a resposta da Xunta á proposta que lle fixo Terbutalina o pasado 11 de febreiro na que solicitaban colaboración con Turismo para o seu próximo videoclip da mesma maneira que xa fixera … Seguir lendo
Feijóo e o PP inauguran outra carallada
A proximidade das eleccións municipais de maio de 2015 intensifica a axenda dos dirixentes do Partido Popular. Na mañá deste xoves o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, acompañado do alcalde de Compostela, Agustín Hernández, e a ministras de fomento, Ana Pastor inauguraban na capital galega un carallo nunha rotonda. A obra levada … Seguir lendo
O DOG aprobará por decreto a existencia do Flying Spaghetti Monster
O PP galego emulará así aos seus homólogos de Madrid na aprobación, por decreto, de seres imaxinarios Alberto Núñez Feijoo procederá a aprobar, por decreto, a existencia do Flying Spaghetti Monster (FSM) despois de que o BOE confirmara a existencia de deus. O movemento ideado polo comité de campaña do PP trata de captar o voto … Seguir lendo
Trifulca no Parlamento Galego pola cor da bandeira de Nunca Máis
Mentres a oposición en bloque sostén que as cores da bandeira de Nunca Máis son o azul e o negro, o Partido Popular asegura que é branca e dourada. A ultima sesión do Parlamento Galego veu marcada polo conflito xerado pola bandeira de Nunca Máis. Máis de 10 anos despois da traxedia a enseña … Seguir lendo
Prostíbulos lanzan un bono-desconto familiar para familias con dificultades económicas
‘A familia que vai unida de putas, permanece unida’, será o slogan Varios puticlubs do país van lanzar un bono familiar ás familias que, pola súa situación económica, non poidan permitirse seguir indo de putas. Outros establecementos van incluír áreas de bolas para que os nenos se entreteñan mentres seus proxenitores desfrutan dos distintos servizos. ‘Los chulos … Seguir lendo