Unha tensa disputa entre o líder do PSOE e o seu GPS acabaron co “socialista” na outra punta da gran urbe norteamericana. O convite da George Mason University de Washington a dar unha palestra polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acabou nunha tensa loita de egos, segundo apuntan fontes próximas á comitiva, na cal o deputado … Seguir lendo
Monthly Archives: Xaneiro 2015
Rajoy adiantará as eleccións xerais para facelas coincidir coas de Catalunya
‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano. O adianto electoral catalán sentou mal … Seguir lendo
Un selfie de récord
Os líderes mundiais non quixeron pasar desapercibidos e organizáronse para lograr batir un novo récord Guiness. O selfie protagonizado polos presidentes de diferentes países do mundo, durante a manifestación do pasado domingo día 11 en París, acaba de ser condecorado co Guiness World Record a fotografía máis demagóxica nunha manifestación non política. A foto tomada ao … Seguir lendo
Italia intercambiará a Fontana di Trevi polo barco de Alfageme
O alcalde de Vigo insistiu onte en que a instalación do barco é equiparable a outras obras de arte como a Fontana di Trevi e esta observación non pasou por alto aos mandatarios italiano que rapidamente se ofreceron a intercambiar a famosa fonte romana polo barco de Alfageme. ‘Saímos gañando’, declarou o alcalde de Roma, … Seguir lendo
Carlos Príncipe: “Je suis Charlie, cona”
O que fora alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, quere amosar a súa ledicia pola resposta cidadá na rúa en contra das decisións tomadas polo aparataxe do PSOE co cal se acabou coa súa militancia política na formación política. Despois de que nesta semana Carlos Príncipe desvelase que a executiva federal do PSOE decidíse expulsalo por … Seguir lendo
Os reis magos non existen: son Abel Caballero
O Concello de Vigo desvelou a sorpresa que tiña agochada para a cabalgata de reis de este ano Os servizos de prensa da Alcaldía do Concello de Vigo anunciaron hoxe o planning do desfile de reis da cidade olívica. A sorpresa que agarda a todos os vigueses é que de Melchor vai facer Abel Caballero; de … Seguir lendo