O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din … Seguir lendo
Monthly Archives: Xaneiro 2015
Machos Alfa de ISIS denuncian ás Unidades de Autodefensa Femininas Kurdas por danos morais
Despois da derrota sufrida polos terroristas do ISIS en Kobane, na que tiveron especial importancia as YPJ (unidades guerrilleiras do pobo Kurdo compostas por mulleres) moitos machitos alfa fuxiron co rabiño entre as pernas cara ningures. Non se atreven a regresar ós seus lugares de orixe, xa que despois de anos falando da suposta superioridade tanto … Seguir lendo
Feijoo celebrou en MontePío o seu propio domingo fareleiro
Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias. O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados. A festa nocturna na residencia … Seguir lendo
O tradutor automático da Voz de Galicia ocupará unha cadeira na RAG
A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia. O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na … Seguir lendo
O PP enviará papel hixiénico e cueiros a Grecia ante a victoria de Syriza
A victoria do partido da esquerda radical grega Syriza mobiliza a afiliados, simpatizantes e empresarios da dereita española. Os resultados obtidos polo líder da esquerda grega, Alexis Tsipras, encenderon onte todas as alarmas en Génova, a victoria do partido radical abre un novo escesnario de batalla a nivel europeo no que a esquerda rupturista colle … Seguir lendo
Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva
Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80 Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera … Seguir lendo
Homeópatas propoñen disolver unha pastilla de Sovaldi no mar para curar a Hepatite C
O PP é a segunda formación política en aceptar os postulados homeopáticos despois de Podemos. ‘Sovaldi’ é o nome comercial do tratamento máis avanzado para combater a hepatite C; a súa efectividade é tanta que a súa porcentaxe de cura supera o 90%. O problema é o seu prezo, polo menos o prezo que o … Seguir lendo
O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino
Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a … Seguir lendo
O Celta de Vigo ficha a Abel Caballero para que tire os penalties
A directiva do club vigués vén de anunciar a incorporación do alcalde, que será o encargado a partir de agora de tirar as penas máximas pitadas a favor do clube. O Real Club Celta de Vigo reforza así unha das súas posicións estratéxicas máis eivadas nas últimas xornadas de liga, un experto en penas máximas, … Seguir lendo
Fans de Jesús Vázquez entusiasmados pola súa candidatura á alcaldía de Ourense
O PP designou esta fin de semana a Jesús Vázquez como candidato á alcaldía de Ourense polo que os fans do coñecido presentador e eventual cantante xa se apresuraron nas redes sociais a darlle os parabéns e a desexarlle éxito na súa nova aventura política. A través do Twitter moitos incluso adiantaron as presumibles boas … Seguir lendo