Comparece ante os medios un señor con barba
Actualidade

Comparece ante os medios un señor con barba

Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa. Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de … Seguir lendo

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español
Actualidade

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como … Seguir lendo

Abel Caballero: “O barco ou en Coia ou na punta da miña…”
Actualidade

Abel Caballero: “O barco ou en Coia ou na punta da miña…”

Abel Caballero responde así aos manifestantes que se agolpan para defender que o barco Bernardo Alfageme non sexa colocado nunha rotonda da cidade. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu unha vez máis en que o  barco “Bernardo Alfageme” será situado na rotonda de Coia a pesar “dos berreos de catro gatos dun barrio marxinal que … Seguir lendo

Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular
Internacional

Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular

O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos. A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado … Seguir lendo

Póñenlle un pisito e unha mercería a Rouco Varela
Actualidade

Póñenlle un pisito e unha mercería a Rouco Varela

Ademais do luxoso piso, o arcebispado de Madrid, poralle unha mercería en Madrid O expresidente da Conferencia Episcopal española xa está máis tranquilo despois de que semanas atrás se temera polo desafiuzamento do cardenal do pazo arcebispal da madrileña rúa San Justo. A semana pasada coñeceuse que Rouco Varela ía vivir nun modesto pisito de tan so … Seguir lendo

Google News deixará de indexar a Tempos Galegos
Actualidade

Google News deixará de indexar a Tempos Galegos

Chegan as primeiras consecuencias da aprobación por parte do goberno do novo canon AEDE, tamén coñecido como taxa de Google. A  compañía norteamericana Google deicidiu pechar o servizo que presta no noso país Google News Galiza, o cal deixará de prestar servizo o vindeiro martes 16 de decembro. A Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo goberno … Seguir lendo

Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde
Política

Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde

Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza. Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80. Cuíña … Seguir lendo