Ante as críticas por parte da oposición polo uso fraudulento de cartos públicos para acoller as pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, o Presidente da Xunta decide converter a residencia de Monte Pío nun motel de titularidade pública. Feijóo anunciaba este novo plan, a cargo da Consellería de infraestruturas, polo cal convertirá a residencia oficial … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2014
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o … Seguir lendo
O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man … Seguir lendo
Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”
Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza … Seguir lendo
Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”
O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid. Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a … Seguir lendo
Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto
De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto. Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras … Seguir lendo
Ana Aznar, nova afiliada do PNV
Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana … Seguir lendo
Iker Jiménez: “As caras de Bélmez son en realidade o rostro de Pablo Iglesias”
O xornalista recoñece que é o maior misterio co que se levan atopado dende que iniciaron o programa A equipa de Cuarto Milenio acaba de anunciar o sorprendente descubrimento de que os rostros que aparecen misteriosamente en Bélmez son os da cara de Pablo Iglesias. O xornalista vasco anuncióunolo en exclusiva e avanzounos o que se … Seguir lendo
Que foi de… Filipe Díez?
A desaparición do coñecido opinador, causa confusión tanto nas redes como na vida política galega. Filipe Díez, o que fóra un dos primeiros trolls galegos e precursor da opinoloxía política no noso país, atópase en paradoiro descoñecido desde hai meses, sen que ninguén saiba nada del nin nas redes sociais nin na vida real. A día … Seguir lendo
Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria
Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos Compromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais. … Seguir lendo