Jordi Hurtado, unha liña que Artur Mas non está disposto cruzar
Internacional

Jordi Hurtado, unha liña que Artur Mas non está disposto cruzar

Filtracións internas do Parlament Catalán apuntan que as tensións orixinadas nos últimos días entren CiU e ERC veñen dadas por unha das liñas vermellas marcadas polo President de cara á celebración da consulta independentista. Nos últimos días, e a tan só unha semana da consulta, todo podería irse ao traste se as cúpulas de ERC e … Seguir lendo

Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense
Sociedade

Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense

Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da  Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi … Seguir lendo

Científicos da USC descubren que o Fertimón incrementa o crecemento capilar
Ciencia

Científicos da USC descubren que o Fertimón incrementa o crecemento capilar

Científicos da USC expoñían onte os seus resultados no marco das conferencias por un cabelo máis san organizadas na capital galega. Segundo apuntan os novos descubrimentos, a aplicación de Fertimón na base capilar produce un efecto rebrote que abre a vía ao uso do fertilizante nas cabezas dos seres humáns. Comezaría agora un período de … Seguir lendo

Propoñen poñerlle reixas e barrotes ás sedes do PP
Actualidade

Propoñen poñerlle reixas e barrotes ás sedes do PP

A proposta sería transformar as sedes do Partido Popular en prisións para axilizar a xustiza A Plataforma por unha Xustiza Rápida presentou onte unha proposta para axilizar a depuración de responsabilidades penais no estado español. A proposta pasa por converter as sedes do PP en prisións para axilizar os procesos xudiciais. “Visto o de onte que vos … Seguir lendo

Esquerda Unida Vigo colaborará con AGAL para a campaña das municipais 2015 na cidade olívica
Política

Esquerda Unida Vigo colaborará con AGAL para a campaña das municipais 2015 na cidade olívica

Esquerda Unida Vigo e AGAL chegaron nos últimos días a un principio de acordo para un traballo conxunto de cara as próximas eleccións municipais de 2015. Así o confirmaba este sábado Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida en Galiza, dentro do marco das palestras “por un novo país” nas que participaban colonizadores españois … Seguir lendo

Paco Trigo deixará Anova para converterse en porteiro dunha discoteca de Cambados.
Sociedade

Paco Trigo deixará Anova para converterse en porteiro dunha discoteca de Cambados.

Así o anunciaba mediante un comunicado dirixido a dirección do partido. Paco Trigo, histórico nacionalista e exdeputado galego polo BNG deixa a súa militancia dentro da organización, onde ate a pasada Asemblea Nacional era membro do Tribunal da Santa Inquisición, para dedicarse a outro dos seus praceres, agarrar á xente pola solapa. Segundo puido saber Tempos … Seguir lendo

O bloque crítico de Podemos decide acampar no Palacio de Vistalegre e négase a abandoar a asemblea fundacional
Política

O bloque crítico de Podemos decide acampar no Palacio de Vistalegre e négase a abandoar a asemblea fundacional

Militantes de Podemos do sector crítico e liderados por Pablo Echenique deciden acampar no lugar da asemblea ao grito de “No nos representan!”. Unha vez rematada a asemblea fundacional do partido de Pablo Iglesias, e ante a falta de entendemento entre as distintas faccións do partido, a corrente crítica que lideran os eurodeputados Pablo Echenique, … Seguir lendo

Santo Andrés de Teixido acollerá a convención internacional de parapsicoloxía
Ciencia

Santo Andrés de Teixido acollerá a convención internacional de parapsicoloxía

A vila galega acollerá o congreso con máis fantasmas por metro cadrado desde a Asemblea Nacional de Anova do pasado fin de semana. Do 7 ao 9 de novembro celebrarase, en San Andrés de Teixido, o Congreso Nacional de Parapsicoloxía, que contará con algunhas das máis importantes figuras a nivel nacional nesta materia, como o … Seguir lendo