Despois de que se denunciara no Parlamento de Galiza que a Xunta lle exixía as persoas perceptoras da Risga que “non exerceran a prostitución nin a mendicidade” o PP faino extensible os seus cargos Segundo avanzaron responsables de prensa do Partido Popular de Galicia o presidente ten en mente incluír a prohibición de exercer a prostitución e a mendicidade … Seguir lendo
Monthly Archives: Xullo 2014
Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa
Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado. A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno … Seguir lendo
O Telexornal informará sobre hortalizas xigantes para contrarrestar as novas sobre recortes
O consello editorial da CRTVG prevé lanzar unha campaña para tapar as novas sobre os novos recortes da Xunta e do goberno central Traballadoras e traballadores da TVG alertan de que a dirección da canle trata de contrarrestar as noticias sobre os recurtes do goberno autonómico e central mediante unha batería de noticias sobre hiperhortalizas … Seguir lendo
O Goberno planea prospeccións petrolíferas nas Illas Cíes
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente resolveu de forma favorábel a Declaración de Impacto Ambiental do “Proxecto de perforación de sondaxes exploratorios nos permisos de investigación de hidrocarburos Cíes”, que se enclava nunha zona que foi designada espazo da Rede Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario (LIC) mariño pola súa importancia ambiental. … Seguir lendo
Manifestación pola dependencia de Galicia
Varias organizacións están a estudar a convocatoria dunha manifestación “dependentista” para contrarrestar as mobilizacións nacionalistas do 25 de xullo na Galiza O Partido Popular xunto con UPyD, Cidadanos, Vox, a Falange e Paco Vázquez están a recabar apoios para convocar unha mobilización a prol da dependencia de Galicia. “Galicia es España, Gibraltal es España, Perejil … Seguir lendo
O colectivo GALPÓN pide a independencia de PonteCanedo
O colectivo GALPÓN (Grupo Armado de Liberación PONtina) emitía onte un comunicado no xornal “Ourense Por Barrios”, no cal expresaba a súa intención de retomar a loita armada para conseguir a “liberaçom” do Concello de Canedo, anexionado a Ourense nos anos 50. No comunicado afírmase que a situación de “opresom” vivida polos habitantes de PonteCanedo … Seguir lendo
Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de … Seguir lendo
Descobren un Samsung Galaxy S5 que soña con ovellas eléctricas
Un equipo de investigadores canadenses acaban de confirmar o achádego dun Samsung Galaxy S5 que estaba a soñar con ovellas eléctricas durante o seu proceso de carga Segundo transcendeu do paper que acaban de publicar en Science o novo dispositivo da empresa coreana está a superar os test de Turing de intelixencia artificial o que, … Seguir lendo
Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas
A Policía Nacional realizou na xornada de onte unha redada nos arredores da vila de Ortigueira, onde nestes días se celebra o popular festival do Mundo Celta, e onde se dan cita milleiros de persoas, moitas delas, segundo o responsable do corpo de policía son “de aspecto dudoso”. Na redada, ademais doutros artigos que as … Seguir lendo
Miles de persoas terán proídos xenitais no festival de Ortigueira
As causas serán fundamentalmente o desenfreno sexual e a necesidade de “cagar de campo” “A confluencia de falta de luz, exceso de alcol e necesidades fisiolóxicas pódense converter nun inferno” advirten expertos en festivais de verán. Segundo explican, a falta de luz pode facer que non nos fixemos onde apoiamos os nosos cus ou xenitais … Seguir lendo