O Ministerio que dirixe Ana Pastor anunciou a medida para loitar contra “la lacra del transporte ilegal” O voceiro do ministerio advertiu aos usuarios que ir no colo dalguén non conta coa autorización de transporte e que incurrirían en “infracción muy grave” que conleva multas de 600 euros que están recollidas na Lei de Ordenación dos … Seguir lendo
Monthly Archives: Xuño 2014
A dirección do BNG acusa a EH-Bildu de españolista
A nova aparecida no diario Gara onde se anunciaba unha Fronte Basca con EH-Bildu, Podemos e IU, causou unha indixestión de muesli a Paco Rodríguez e que Bautista Álvarez aparecese cun tractor-cisterna de Cloro na sede Nacional do BNG para fumigar ós posibles infectados durante a pasada campaña das eleccións europeas. A irritación da dirección … Seguir lendo
Felipe Juan Froilán de Todos os Santos e Case Todos os Dedos disposto a reinar
Ante o apremio e petición popular, o infante de Hespaña estaría disposto a dar o paso a reinar. Todo isto, sempre e cando súa nai, que quedaría como Raíña Nai, lle cedese o posto. Iso sí, primeiro habería que derrogar a Lei Sálica pola cal o herdeiro ao trono sería un varón, para proceder a … Seguir lendo
A CRTVG cambiará o nome do seu espazo de debate por “Foro Alberto”
Despois das múltiples denuncias e queixas, estas últimas por parte das centrais sindicais CIG, UXT e USO, a CRTVG decide dar carpetazo ao asunto cambiando tanto a parte do equipo como o nome do espazo conducido por Carlos Luís Rodríguez. Deste xeito e mediante un comunicado, o Consello Director da CRTVG, apunta que “as queixas agora … Seguir lendo
Agustín Hernández elixirá a Bulbasaur no comezo da súa carreira como alcalde
O alcalde de Compostela elixirá ao Pokemon de tipo planta no seu debut como mestre Pokemon alcalde da cidade de Compostela. Así o facía público na tarde-noite de onte, despois de que Ángel Currás comunicase a súa renuncia como rexedora da cidade, e que sería o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas quen o … Seguir lendo
Millóns de moedas de euro caducarán nos próximos días
Arias Cañete ofrécese a comelas Millóns de moedas de euro, dous euros e céntimos caducarán próximamente debido á abdicación de Juan Carlos I. Desde a Unión Europea indican que coa abdicación do rei terán menos valor que un iogurt caducado. Ante tal afirmación o exministro e actual eurodiputado Miguel Arias Cañete ofreceuse a comelas todas … Seguir lendo
Acusan de satánico a Podemos
“Levan o demo no nome. PoDEMOs non é casual”, afirman desde a Asociación de Profesional de Exorcistas A Asociación Profesional de Exorcistas (APE) acusou onte á formación de Pablo Iglesias de satánica e fíxoo, desde o seu punto de vista, con “argumentos irrefutables”. “Son uns ateos e de iso ao satanismo soamente hai un paso”, … Seguir lendo
A infanta Elena pide que o trono se decida mediante primarias
A infanta elena reclamou hoxe no palacio da Zarzuela a celebración de primarias entre a familia real para decidir quen vai ser o sucesor do seu pai En declaracións antes de cudir á perruquería, a infanta dixo que os borbóns non poden “ir a los métodos de siempre” e que a familia real “debe cambiar … Seguir lendo
Felipe VI achaca o republicanismo á “herencia recibida”
O Comité electoral da Casa Real quere levar a cabo o relevo centrando a campaña da sucesión en insistir na herencia recibida O aínda príncipe Felipe e a súa corte de colaboradores puxeron en marcha a maquinaria de abdicación e porán en marcha a campaña de relevo centrándose na “herencia recibida”. Deste seito señalaron que … Seguir lendo
O rei de España abdica, rómpese España
O anuncio de El-Rei de renunciar ao trono non deixa a ninguén no seu sitio. Reunidos con carácter de urxencia os JuanCarlistas decidirán en referendo se apoian ou non o alzamento republicano. As prazas énchense de guillotinas á espera de ver rodar pirolas. O anuncio feito esta mañá por Mariano Rajoy non fai máis … Seguir lendo