Novos tempos corren polo Deportivo da Coruña, coa marcha de Lendoiro, un soplo de ar fresco corre polos despachos de Riazor. Tal como se anunciou meses atrás, a nova equipación do Deportivo da Coruña, para a tempada 2014-2015, contará cunha bandeira galega. Tratarase da segunda vestimenta, máis a novidade fundamental atópase na inclusión dunha estrela … Seguir lendo
Monthly Archives: Xuño 2014
Atopan unha SICAV no colchón dun eurodiputado
As sorpresas non paran de chegar dende Bruxelas onde hoxe mesmo acaba de trascender que un deputado tiña unha Sicav no colchón do seu dormitorio. O deputado, do que aínda non transcendeu o nome, aclarou a través dun voceiro que “En Luxemburgo no se llaman Sicav, no porque la traducción de la Sicav allí se llame … Seguir lendo
Inditex subcontratará servizos a países que a súa vez subcontraten os servizos
A empresa de Amancio Ortega pretende así expandir os seus dominios a nivel mundial de maneira definitiva. No día de onte en rolda de prensa, o actual Presidente de Inditex, Pablo Isla, confirmaba os seus plans de dominación mundial, mediante unha nova técnica de subcontratación masiva. A idea parte da base de que o grupo Inditex podería … Seguir lendo
Alarma porque Juan Carlos de Borbón anda por aí todo desaforado
Ante a alarma cidadá o goberno emendará unha lei para evitar o perigo que supón que o exmonarca ande desaforado pola rúa Hai moita xente alarmada porque, desde que Juan Carlos I de Borbón deixou de ser rei ao abdicar no seu fillo Felipe, ten moito tempo libre e, segundo se comenta na capital do reino, anda pola cidade madrileña todo … Seguir lendo
Feijoo fará un casting para elixir de entre os seus Conselleiros ao novo alcalde do Ferrol
Ante a noticia que onte saía á prensa, na que a xuíza Pilar de Lara imputaba no caso Pokemon ao alcalde de Ferrol e a Baltar pai, Alberto Nuñez Feijoo vése obrigado de novo a mover ficha. Deste xeito, e aínda coa resaca do caso do concello de Compostela na mente de todos, un novo … Seguir lendo
Substitúen o ERE por unha loita de gladiadores entre os empregados de NGB e Etcheverría
Logo de que a Comisión Europea dera “luz verde” ó proxecto revisado de reestruturación de NCGB, aprobouse en xunta extraordinaria convocar a case 4.000 empregados de NCGB e Banco Etcheverría para asistir a unha reunión no Coliseum da Coruña hoxe sábado 21 de xuño. A nota da convocatoria de reunión non especificaba o contido da … Seguir lendo
Na súa cea de despedida, o rei pediu unha coronita
Na noite do martes o rei celebrou unha despedida de reinado xunto con trinta cargos políticos no restaurante “Currito” Na súa última noite como, Juan Carlos de Borbón, xuntouse con Felipe González, Alfonso Guerra, Carlos Solchaga, José Luis Corcuera, José Barrionuevo, Miguel Roca, Soledad Becerril ou Rafael Arias-Salgado entre outros. Segundo transcendeu foi o exministro Corcuera … Seguir lendo
Aznar e González presionarán a Del Bosque para que abdique no seu fillo
A “casta” futboleira fracasa no Brasil. “Podemos cogernos a La Roja” berraban os chilenos antes do partido” Tras a eliminación da equipa española do mundial de futebol españois e españolistas en xeral piden eleccións anticipadas polo fracaso de La Roja. Outros máis radicais, coma o BNG ou los Chicos del Maíz, esixen que selección española … Seguir lendo
Trillizos “non natos” entre os novos afiliados do PSOE santiagués
O proceso de investigación levado a cabo pola dirección provincial comeza a dar os seus froitos. Así a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE estaría en disposición de afirmar que a agrupación da capital galega falseou datos para lograr un incremento da afiliación de 292 novos militantes. Pilar Cancela afirmaba que ademais dos pisos “patera” nos … Seguir lendo
David Fdez Calviño ficha por AER
O exdeputado de AGE por Ourense ficha pola Agrupación de Electores de Redondela Filtrouse onte e, polo que puido saber este medio, o exdeputado de Anova, organización que conforma a coalición de Alternativa Galega de Esquerda, pasará a facer parte da Agrupación de Electores de Redondela tras varias xuntanzas entre a agrupación cidadá e o … Seguir lendo