Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado … Seguir lendo
Monthly Archives: Marzo 2014
O Ministerio do Interior podería usar o Gaiás como “manifestódromo”
O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, manifestou onte que estaría “muy atinado” limitar o dereito constitucional á manifestación a “un lugar específico”. Esta palabras foron rapidamente escoitadas polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e apresurouse a ofrecer o Gaiás como un lugar idóneo. “Lembro que cando estaba no goberno da Xunta non … Seguir lendo
O Telexornal Mediodía cambirá a súa sintonía polo himno do PP
O consello da corporación da Radio e Televisión de Galicia acaba de informar de que cambiará a sintonía de inicio do Telexornal Mediodía e que a sintonía elixida será o himno do Partido Popular. A gravación correrá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nunha representación que recorda ás multitudinarias congregacións de … Seguir lendo
Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un
O exvicesecretario xeral do PSOE, Alfonso Guerra, foi o encargado de coordinar a campaña electoral comunista, segundo informes da CIA, e pola cal Kim Jong-un acadou uns resultados do 100% dos votos nos pasados comicios. A mensaxe política e a imaxe foron os puntos clave da campaña dirixida polo español, isto é, os dirixentes comunistas … Seguir lendo
Mario López Rico, un novo referente do 15M na Coruña
Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e expolítico galego. Aos seus 65 anos, despois dunha longa vida na política galega, sempre ao lado do histórico dirixente, Xose Manuel Beiras Torrado, Mario López Rico ou “El Pitbull de la Coru”, como gosta de chamarse emprende una nova viaxe dentro dos movementos … Seguir lendo
Enerxía Galega + ficha a Lendoiro como asesor técnico para o seu consello directivo
A nova empresa distribuidora de enerxía eléctrica galega, súmase ao carro dos asesores de renome coa incorporación do expresidente do Deportivo da Coruña. Despois de deixar atrás anos como presidente do clube de fútbol galego, Augusto César Lendoiro mostrábase moi contento ante esta nova oportunidade que se lle presenta.“É para min unha honra formar parte … Seguir lendo
Atopan de maneira consecutiva dous pementos de Padrón que pican
Un feito insólito ocorrido este pasado fin de semana na contorna da vila natal de Rosalía, Padrón. Dous turistas madrileños que probaban as bondades e sabores dos ilustres pementos da vila, daban conta do sucedido, do que aínda non daba creto. Dous pementos de Padrón consecutivos picaban. Non é a primeira vez que ocorre algo … Seguir lendo
Un novo filme pornográfico ambientarase na Torre de Hércules
A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego. Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre … Seguir lendo
Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil
Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil. A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico … Seguir lendo
Vigo pedirá en referendo a adhesión a Portugal
Polo menos douscentos cincuenta mil vigueses están chamados ás urnas para decidir en referendo o futuro da cidade de Vigo. Despois de anos de rumores e difamacións acerca da procedencia e nacionalidade dos habitantes vigueses, o levantamento popular das clases lusistas da cidade, fará posíbel este pronuciamento. As opción que se presentarán en dito referendo … Seguir lendo