Mensaxes subliminais condicionan ao BNG na toma de decisións de cara ás europeas
Política

Mensaxes subliminais condicionan ao BNG na toma de decisións de cara ás europeas

Informadores de Tempos Galegos en Compostela afirman coñecer porque o Consello Nacional do BNG decidiu tomar parte nunha hipotetica coalición co grupo político vasco BilduEH. Diferentes filtracións a tempos galegos confirman que durante as reunións do máximo órgano do partido nacionalista, o Consello Nacional, nas cales se debatía o formato de concurrencia ás eleccións europeas, … Seguir lendo

Tempos Galegos contrata o equipo de Intereconomía para a redacción das noticias
Actualidade

Tempos Galegos contrata o equipo de Intereconomía para a redacción das noticias

Os axustes económicos en materia de emprego chegan tamén a nosa redacción. A partires da próxima semana, comezaran a traballar en Tempos Galegos, procedentes da Illa de Tambo, o novo equipo de redactores, cos cales buscaremos darlle un toque de calidade as nosas novas. Despois dunha complicada busca e rebusca de perfís idóneos para o … Seguir lendo

Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos
Ciencia

Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos

Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga. Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago … Seguir lendo

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo
Cultura

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo

O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’ Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da … Seguir lendo

Garzón rebenta asemblea independentista galega como vinganza ao boicot das súas charlas
Actualidade

Garzón rebenta asemblea independentista galega como vinganza ao boicot das súas charlas

Baltasar Garzón moi anoxado decidía así tomarse a xustiza pola man. Despois de que esta mañá unha vintena de mozas e mozos, a gran maioría membros da comunidade estudantil compostelá, dificultaran e practicamente impediran que se desenvolvese con normalidade a charla que Baltasar Garzón tiña programada na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Vida … Seguir lendo

Ingresados por inanición varios nacionalistas tras unha discusión sobre normativa
Sucesos

Ingresados por inanición varios nacionalistas tras unha discusión sobre normativa

O suceso tivo lugar no local da Troita Armada en Santiago de Compostela onde houbo unha xuntanza de varios grupos nacionalistas para a realización dun manifesto contra a corrupción en Compostela. Segundo nos informaron, aos 10 minutos de comezar a xuntanza iniciouse a discusión sobre a norma do manifesto e alongouse durante 96 horas nas … Seguir lendo