O concello de Santiago de Compostela instalará unha sala xudicial nas súas dependencias
Política

O concello de Santiago de Compostela instalará unha sala xudicial nas súas dependencias

 En rolda de prensa na mañá do xoves, o alcalde de Compostela, Ángel Currás, presentaba o proxecto polo cal o Concello da capital galega comezará coas obras de construción da infraestrutura necesaria para dotar ao consistorio de dependencias xudiciais. Segundo explica Currás, os numerosos procesos abertos contra os membros do executivo santiagués obrígano a tomar … Seguir lendo

Sospeitan que Resistencia Galega botou as bombas de palenque do 15 de agosto
Actualidade

Sospeitan que Resistencia Galega botou as bombas de palenque do 15 de agosto

O delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, dixo onte que os artefactos que explotaron no pasado día 15 por todo o país leva todos os selos de Resistencia Galega. Foron artefactos comunmente coñecidos como bombas de palenque, de certa potencia, sinalou Juárez aos medios de comunicación en Cambados, onde explicou que os explosivos, estalaron … Seguir lendo

Marnotes leva o Scattergories ao non admitírenlle ‘pulpo’ como animal de compañía
Política

Marnotes leva o Scattergories ao non admitírenlle ‘pulpo’ como animal de compañía

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, protagonizou onte unha rabieta pública na vila do Arenteiro ao marchar co Scattergories despois de que un grupo de rapaces non admitira a palabra pulpo como animal de compañía. Ademais encargou un informe ao Centro de Estudos Carballineses para que indague sobre as posibilidades dos cefalópodos como mascotas. O grupo … Seguir lendo

Os músculos de Aznar, resultado de múltiples operacións cirúrxicas
Sociedade

Os músculos de Aznar, resultado de múltiples operacións cirúrxicas

José María Aznar luce unha impresionante figura que o converte nun dos homes máis desexadas do planeta e agora, grazas á revista Life&Style e a unha fonte que contactou coa publicación, sabemos que o seu espectacular torso non é froito unicamente do traballo duro no ximnasio. Segundo o citado medio o expolítico e empresario español, … Seguir lendo

Piden que restos de Feijóo sexan enterrados xunto aos de Fraga na Cidade da Cultura
Política

Piden que restos de Feijóo sexan enterrados xunto aos de Fraga na Cidade da Cultura

Os restos do presidente Alberto Nuñez Feijoo, cuxo destino final aínda se descoñece, posto que aínda está vivo e en plenas facultades, serían depositados no macromausoleo xunto aos do ilustre Don Manuel, segundo algunhas versións e pedidos ao Parlamento Galego nese senso. “Recibín miles de mensaxes dos nosos militantes que me piden e dinme: por … Seguir lendo

Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense
Cultura

Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense

Un grupo de arqueólogos acaba de facer un descubrimento antropolóxico novedoso nos sotos da Deputación de Ourense. Trátase dun asentamento de enchufados que vivían alí dende tempos ignotos. A comunidade científica está abraiada porque non tiveron contacto humano e as súas costumes aínda non están contaminadas polos resortes da transición. A equipa científica esfórzase por … Seguir lendo