Nunha rolda de prensa sobre a nova Lei de Seguridade Cidadá di que o goberno non escatimará en hostias e porrazos xa que mallar na xente é positivo para a economía. O Ministerio presentou nun PowerPoint todas as vantaxes da nova Lei e destacou que será positiva para a economía. Deste xeito deron exemplos como … Seguir lendo
Monthly Archives: Xaneiro 2014
Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova
Despois da suspensión de militancia por parte da executiva de Ferraz os “pachistas” abren as portas ás negociacións. A situación crítica que se mantén desde o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonou unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría ao alcalde, Agustín Fernández viuse agravada este mesmo xoves, cando … Seguir lendo
Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”
A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”. Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias … Seguir lendo
Jácome candidato ao Nobel de Química polos cálculos electorais no Concello de Ourense
Segundo informan as axencias internacionais o edil ourensán recibiu hoxe pola tarde a nominación ao Nobel de Química. Todo comezou cos cálculos electorais que Jácome realizou nun programa de televisión na cadea da súa propiedade. Os cálculos espertaron a curiosidade de destacadas celebridades das matemáticas e da física. Nun primeiro momento pensouse que a nominación … Seguir lendo
As tatuaxes de José Fernando Ortega Mohedano esconden os planos da cárcere de Sevilla-1
Como se dun filme se tratara, os servizos médicos da cárcere de Sevilla-1 descubriron a pasada noite que as tatuaxes de José Fernando Ortega Mohedano ocultaban tras de si unha mensaxe, concretamente os planos da prisión onde se encontra e na que nos próximos días recalará seu pai, José Ortega Cano. A pasada noite, José … Seguir lendo
A Frente Popular de Xudea e o Frente Xudaico Popular irán xuntos ás eleccións
A sorpresa acaba de saltar en Xudea xa que, contra todo prognóstico, o Frente Popular de Xudea e o Frente Xudaico Popular concurrirán xuntos as eleccións xudeas. O que xa se coñece como a Syriza xudía vai comezar unha andadura non exenta de trabas. Deste xeito a Unión do Povo Xudeu, formación integrada no Frente … Seguir lendo
I+D+i: A pandeireta de coiro de cacique
Vimos de comprobar que nos últimos anos unha industria estase a converter en referente galego do sector manufactureiro. Non é outro que a industria pandeireteira. A gran calidade do coiro de cacique curado, durante anos de ínfimos traballos nas administracións públicas fan que as pandeiretas galegas se convertan nun obxeto moi cotizado tanto dentro do … Seguir lendo
Descúbrese que un parlamentario levaba morto 10 anos
Atopárono sentado no sofá da súa casa, diante do televisor, completamente momificado, situación que os expertos forenses achacaron a inusual cantidade de formol que contiña o seu sangue. Os policías encargados de inspeccionar o lugar tiveron que tirar a porta abaixo porque estaba totalmente obstruída por unha morea de sobres que alguén se adicara a … Seguir lendo
Chuza! e Menéame artellarán unha candidatura para as europeas
As candidaturas para as eleccións europeas multiplícanse. Despois de que Pablo Iglesias anunciara unha candidatura dos movementos sociais agora son as redes sociais as que anuncian unha candidatura conxunta para as eleccións europeas. A pesar de que o sector duro de Chuza! apunta que non irán xamáis con españoléame a asemblea da asociación da por … Seguir lendo
A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor
A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a … Seguir lendo